top of page

A 2ª Guerra Mundial

1. A expansión do Eixe( 1939-1940)

A dobre invasión de Polonia:

En 1939 Adolf Hitler(Alemaña) e Stalin(Rusia) firman un "Pacto de Non Agresión" que aseguraba unha alianza entre estas dúas potencias, polo momento.

​

O 1 de setembro dese mismo ano Alemaña invadiría Polonia( este é o detonante da 2ª Guerra Mundial). Logo desto Reino Unido e Francia lle declararían a guerra a Alemaña.

​

​

A guerra relampo( Blitzkrieg):

Coñécese como "guerra de broma" a fase de estancamento despois da conquista de Polonia, isto foi debido a que os dous bandos adoptaron posturas defensivas, polo que foi completamente diferente ao ocorrido na 1ª Guerra Mundial.

​

En 1940 na guerra relampo Hitler comeza a invadir territorios neutros coma Bélxica, Dinamarca, Luxemburg...

A batalla de Inglaterra:

Depois de derrotar Alemaña a Francia esta  debería enfrentar a Inglaterra nunha batalla aérea.

​

O presidente do goberno de Inglaterra nese momento era Winston Churchill, este daría en xuño de 1940 un discurso na radio para animar aos seus soldados e para comunicarlles que renderse non era unha opción

​

-Ao comezo a Luftwaffe( forza aérea alemá) bombardea unhas instalacións de desembarco inglés

​

-Logo, Hitler cambiaría de táctica debido a que a RAF( Royal Air Force) non diminuía, e así comezaría unha guerra total.

​

A guerra nos Balcáns:

Mentres tanto Mussolinni ocupara a Costa Azul francesa, máis tare este invadiría Grecia, pero non sería capaz de facerlles fronte, debido a esto os alemáns envían reforzos pero non podían atravesar Iugoslavia, debido a este nestes territorios comezaron a aparecer pequenas guerrillas.

​

​

​

2. O apoxeo do Eixe(1941-1942)

A hora máis escura:

No ano 1941 Europa estaba dividida en dúas grandes zonas: a URSS e o Eixe. Xa non había democracia excepto en Reino Unido e nalgúns países neutrais.

​

Mentres tanto, EEUU seguía en paz co presidente Franklin D. Roosevelt

A invasión da URSS

En xuño de 1941 Hitler decide invadir a Unión Soviética e romper o seu pacto de non agresión.Os soviéticos comezan a retroceder mentres que os alemáns seguen gañando territorio hasta máis ou menos Leningrado.

A intervención de EEUU

En decembro do ano 1941, Xapón ataca a base militar de Pearl Harbour,debido a isto os americanos entrarían na guerra.

A guerra en África

En 1940 os británicos logran apoderarse de Abisinia ( territorio conquistado por Mussolini anteriormente) facilmente, pero máis tarde libraríase unha batalla polo control de Exipto( a batalla do Alamein) que acabaria coa victoria británica

O auxe das potencias do eixe

En 1942 as potencias do Eixe encontrábanse no seu apoxeo e tiñan tódalas posibilidades de gañar a guerra

​

Grazas a isto en 1942 Hitler celebra a Conferencia de Wannsee na que se decide a "solución final" ou o exterminio dos xudeus de Europa

3. A derrota do Eixe en Europa(1943-1945)

O punto de inflexión da guerra: Stalingrado

En 1942 Hitler intenta conquistar a cidade de Stalingrado porque pensaba que se a conquistaba o seu rival ía perder motivación, pero ningún dos rivais tiña pensado retirarse,  en 1943 no medio do inverno os alemáns vense obrigados a detener o seu avance

​

A batalla de Kursk foi a que supuxo o desenlace dos conflitos xa que o exército alemá vese obrigado a optar por unha posición defensiva o que fai que os soviéticos comezen co seu avance.

A caída do fascismo en Italia

En 1943 os aliados desembarcan en Sicilia e comezan a invadir Italia. Máis tarde Mussolini sería arrestado e Italia se ve obligada a pedir un armisticio.

​

Mussolini sería liberado polos alemás e fundaría unha república fascista ao norte de Italia.

O desembarco de Nnormandía

En 1943 Roosevelt, Churchill e Stalin reuníronse por 1ª vez na conferencia de Teherán, na cal Stalin insiste nunha 2ª fronte en Francia.

​

Mentres os aliados seguían bombardeando as cidades alemás. En xuño de 1944 as tropas aliadas comezan a desembarcar en Normandía para abrir una 2ª fronte cara Francia, isto detivo completamento o seu avance.

A fin da guerra en Europa

Desembarco de Normandía

Para rematar en 1945 Alemaña era invadida xa sen aliados en Europa, ese mesmo ano en 1945 na conferencia de Ialta se pactan fronteiras e áreas de influencia. Alemaña sería dividida.

​

Xa en Abril o goberno presenta a rendición incondicional de Alemaña, e así é como remata a guerra

​

​

Guerra no Pacífico

(Okinawa)

4. A guerra en Asia e no Pacífico

4. A guerra en Asia e no Pacífico

Resume

Xapón interveu en China no ano 1931, e no 1937 xa controlaba todos os territorios ao norte desta. O 7 de xullo de 1937 e a data na que Xapón comeza a atacar China, e dise que iste foi o acontecemento co que comezou a 2ª Guerra Mundial.

​

Os americanos xa estaban preocupados pola política agresiva de Xapón, pero en decembro do ano 1937 as suas sospeitas fanse realidade, Xapón atacaría unha das suas bases nas illas Hawai, Pearl Harbor, debido a este acontecemento EEUU entra na guerra.

​

Como última medida os xaponeses comezan a expandir os seus territorios, grazas as suas ofensivas chegan a conquistar gran parte do Pacífico, tamén controlaron Filipinas, Indonesia e seguían conquistando colonias francesa polos seus territorios.

​

En 1942 os xapoeses logran tomar a base estratéxica de Singapour, que pertencía ao imperio britaníco e reduciría a súa moral notablemente.

​

Finalmente, como último acontecemento en Asia temos a gran ofensiva de EEUU sobre Xapón xa que debido aos problemas que lles estaban causando decidiron utilizar a súa última arma, a bomba atómica, deste xeito as zonas afectadas por estas foron: Hiroshima e Nagasaski, mentres a URSS estivo vixiando tódolos movementos dos americanos

​

5. Os desastres da guerra

Consecuencias

-A 2ª Guerra Mundial causou cinco veces máis vítimas ca 1ª,na URSS 30 millóns e en China 15 millóns

​

-Alemaña tamén sufriu moitas vítimas, cun total de 7 millóns de mortos, tamén se viron afectados Xapón, Polonia e Iugoslavia.

​

-O número de mortes civís superaba ás de combatentes.

​

-Causa unha gran destrucción de cidades, centros urbanos, rurais...

Holocausto

O holocausto foi un xenocidio masivo cuxas razóns eran étnicas, relixiosas e sociais.

​

Antes da guerra os nazis facían practicas xenocidas con enfermos e diminuidos. Tras a conferencia de Wannsee en 1942 os nazi decidiron acabar co "problema" xudeu eliminando a tódolos xudeus retidos nos campos de concentración, a isto chamóuselle holocausto ou shoah.

​

Asesinábanos en cámaras de gas(ciclón B),  máis tarde eran incinerados, pero antes quitábanlles todas as súas pertenencias: pelo, collares, dentes(ouro/prata)

​

As súas vítimas normalmente eran xudeus, xitanos, homosexuais, enfermos etc...

​

A ONU(1941-1947)

Xa desde 1941 o bando aliado estaba traballando para deseñar unha organización cuxa finalidade fora planificar que ía ocorrer tras a guerra.

​

Na Carta do Atlántico(reunión de Roosvelt e Churchill en 1941) acordouse que unha  intención desta organización ía ser devolver a soberanía aos pobos sometidos na guerra.

​

En 1945 tiveron lugar duas conferencias importantes:

-Ialta: Nesta conferencia se reunen Stalin, Churchill e Roosvelt , a guerra aínda non acabara, aquí acordouse a división de Alemaña, a creación dunha nova e mellorada Sociedade de Nacións e o compromiso de Stalin de realizar eleccións libres en Oriente

​

​

-Potsdam: Nesta conferencia revelouse que tras a guerra Occidente e a URSS ían a seguir camiños distintos

A nova repartición do poder:

Tras todo o ocorrido anteriormente Xapón e Alemaña desapareceron das potencias mundias, mentres que Francia e Italia tiñan una notable inferioridade fronte aor resto, polo tanto o poder quedaría repartido entre EEUU e a URSS, como terceira potencia teríamos a Reino Unido o cal era máis inferior aos dous mencionados anteriormente

bottom of page